domingo, 26 de marzo de 2017

Enerxía escura

A enerxía escura é unha forma de enerxía que estaría presente en todo o espazo, producindo unha presión que tende a acelerar a expansión do Universo, resultando nunha forza gravitacional repulsiva. Considerar a existencia da enerxía escura é a forma máis frecuente de explicar as observacións recientes de que o Universo parece estar en expansión acelerada. No modelo estándar da cosmoloxía, a enerxía escura aporta casi tres cuartas partes da masa de enerxía total do universo. 

A tasa de expansión está parametrizada pola ecuación de estado.A medición da ecuación de estado da enerxía escura é un dos maiores retos da investigación actual cosmolóxica física. Non se debe confundir a enerxía escura coa materia escura, xa que, aínda que ambas forman a maior parte da masa do universo, a materia escura é unha forma de materia, mentres que a enerxía escura asóciase a un campo que ocupa todo o espacio.

Historia
En 1998 as observacións de supernovas tipo 1a moi lexanas suxeriron que a expansión do Universo estábase acelerando. Dende aquel entonces, esta aceleración confirmouse por varias fontes independentes. 
Resultado de imagen de enerxía escuraAs supernovas de tipo 1a proporcionan a prinicpal proba directa da existencia da enerxía escura. Segundo a lei de Hubble, todalas galaxias lexanas se afastan aparentemente da Vía Láctea, mostrando un desprazamento ao vermello no espectro luminoso debido ao efecto Doppler. Neste mesmo ano, varias observacións destas supernovas en galaxias moi lexanas demostraron que a constante de Hubble non é tal, se non que o seu valor varía co tempo. Ata ese momento pensábase que a expansión do universo estábase freando debido a forza gravitatoria; sin embargo, descubreuse que se estaba acelerando, polo que debía existir algún tipo de forza que acelerase o universo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario