Unha forma fácil de viaxar ao pasado é mirar o ceo a través dun telescopio. Un deses viaxes no tempo realizouno receintemente un grupo internacional de astrónomos do Very Large Telescope, un sistema de catro telesocpios xigantescos que o Observatorio Europeo Austral ten no deserto chileno de Atacama.

Nos anos setenta, Vera Rubin e Kent Ford, viron que as estrelas nos bordes das galaxias xiraban demasiado rápido. Tendo en conta a masa visible a través dos telescopios e as leis físicas conocidas, ao afastarse do pozo gravitatorio que acelera as espirais galácticas, a velocidade das estrelas debería diminuír, sin embargo, non o facía. E tampouco salían disparadas por falta de atracción e exceso de velocidade. Parecía que unha masa intelixente e invisible, moito maior que a luminosa captada polos telescopios, mantiñáas no seu sitio. Tras descartar as posibilidades de que Newton e Kepler estivesen equivocados, aceptouse que a explicación máis axeitada ao misterio consistía en aceptar a existencia dun halo xigatesco de materia escura que outorgaba ás galaxias a masa necesaria para que se comportasen como o facían. A materia visible xa se condensara en forma de galaxias cando a escura seguía moi esparcida. Esa materia escura, que aínda non se pudo detectar de maneira directa, ahora é o elemento dominante nas galaxias coñecidas, pero non sempre foi así. Parece ser que cando o Universo era máis xoven, naquel momento de efervescencia creadora 4000 millons de anos despois do Big Bang, a materia visible aínda era que dominaba as galaxias.
Unha das explicacións para esa ausencia de materia escura é que a materia visible condensouse rapidamente nos discos planos, que hoxe identificamos cas galaxias, mentres a materia escura continuou moito máis esparcida durante miles de millóns de anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario