martes, 8 de noviembre de 2016

Schiaparelli estréllase en Marte

O módulo de aterrizaxe Schiaparelli, estrellouse en Marte o mércores, segundo confirmou o responsable da nave, membro da ESA.


O científico do proxecto ExoMars, recoñeceu que a nave fallou un minuto antes de aterrizar e perdeuse o contacto con ela, caeu sen paracaídas e cos cohetes apagados dende unha altura duns 2000 metros. As causas do accidente aínda non están claras, pero na rolda de prensa que fixeron ao día seguinte confirmaron que o sabrán. A sonda completou o descenso sen problemas casi ata o final e deulle tempo a enviar información á nave nodriza, que ahora estáse analizando. Os técnicos teñen confianza en poder averiguar o que ocorreu durante os últimos segundos da maniobra, xa que a información recollida contén datos sobre a temperatura e presión sufridas polo escudo térmico durante a reentrada, aceleracións, despliegue do paracaídas e hasta a confirmación de encendido dos retrocohetes. Todo estaba funcionando ben ata o final do frenado. Os datos indican que o radar altimétrico activouse e os motores de frenado encendéronse durante uns 15 segundos, cando os segundos programados eran 30. Tamén se di que a caída con paracaídas prodúxose a máis velocidade da esperada. O chan, por decilo dalgunha maneira, acercouse demasiado rápido e os retrocohetes non tiveron tempo de reducir a velocidade a valores máis seguros. Se eso foi o que ocorreu, Schiaparelli é agora un montón de chatarra en Meridiani Planum. Pero esto nadie o sabe con seguridade, de feito, a ESA continúa intentando escoitar señais da sonda, retransmitidas pola súa nave nodriza ou por algún dos outros vehículos que están arredor de Marte. Según algúns tamén pode ser pola atmosfera de Marte, pero todas estas hipóteses, son o que son, só hipóteses.


Con esta, xa van dúas veces que os europeos non consiguen aterrizar en Marte. Antes desto, só o conseguiran os estadounidenses. Pero, pese á decepción, Schiaparelli cumpreu parte da súa misión, que era proporcionar datos sobre o proceso de reentarda que sirvan para preparar o envío dun laboratorio rodante a Marte en 2020.