martes, 28 de marzo de 2017

A anana marrón máis masiva

Identificouse unha anana marrón que, de entre todas aquelas das que se coñece a súa masa, e que posúe a maior. 

As ananas marróns son astros cuxa masa é demasiado pequena para que poidan convertirse en estrelas, pero demasiado grande para que se lles poida considerar planetas.
[Img #42693]
Este astro atópase a uns 750 millóns de anos luz da Terra. Estímase que se formou fai uns 10000 millóns de anos. Polo tanto, é o dobre de vello ca o Sol e ca calquera dos outros planetas do noso Sistema Solar. As medicións tomadas suxiren que posúe unha masa equivalente a 90 veces a de Xúpiter, o que a convirte na anana marrón máis masiva ata a data. 
Non se sabía con anterioridade se as ananas marróns podían formarse a partir de hidróxeno e helio, e o descubrimento suxire que pode existir unha poboación, máis grande do que se pensa, de ananas marróns arcaicas e extremadamente puras, case todas elas aínda non descubertas.

lunes, 27 de marzo de 2017

Vixiante da capa de ozono

A NASA instalará este ano un sensor de ozono para axudar a vixiar o cambio a longo prazo na capa de ozono.
 A orbita da estación espacial fai da estación un punto de vista único para recopilar valiosos datos sobre a saúde e estado do noso planeta. 
SAGE III, nome que se lle puxo ao sensor, monitorizará o ozono ao redor da Terra en varias horas do día e da noite, ao redor do globo e durante todas as estacións do ano, usando a luz do sol e da luna que pasa a través da atmosfera.
SAGE III tamén medirá o ozono en múltiples niveis da atmosfera, chegando ata a parte superior da troposfera e estratosfera. 
Este mesmo ano instalarase na estación outro instrumento, chamado LIS, que capturará datos de relámpagos totales en tempo real en gran parte do globo para apoiar a previsión do tempo e das alertas.
 Espérase que para 2019 tres isntrumentos máis estean operando na estación: o GEDI, o ECOSTRESS e o OCO-3. GEDI revolucionará o seguimento dos bosques tropicales, disparando raios láser sobre as copas das árbores para tomar medidas a escala fina da súa altura e estructura interna. ECOSTRESS estudiará o uso da auga e o estrés hídirco na vexetación. E OCO-3 recopilará medicións espaciais do dióxido de carbono atmosférico para axudar a evaluar a súa distribución e variabilidade.
 

A mateia escura sempre gobernou?

Unha forma fácil de viaxar ao pasado é mirar o ceo a través dun telescopio. Un deses viaxes no tempo realizouno receintemente un grupo internacional de astrónomos do Very Large Telescope, un sistema de catro telesocpios xigantescos que o Observatorio Europeo Austral ten no deserto chileno de Atacama.

A intención deste grupo de científicos era averiguar que sucedía no Universo hai 10000 millóns de anos. As súas observacións mostraron que as cousas cambiaron moito no cosmos dende entonces.
Nos anos setenta, Vera Rubin e Kent Ford, viron que as estrelas nos bordes das galaxias xiraban demasiado rápido. Tendo en conta a masa visible a través dos telescopios e as leis físicas conocidas, ao afastarse do pozo gravitatorio que acelera as espirais galácticas, a velocidade das estrelas debería diminuír, sin embargo, non o facía. E tampouco salían disparadas por falta de atracción e exceso de velocidade. Parecía que unha masa intelixente e invisible, moito maior que a luminosa captada polos telescopios, mantiñáas no seu sitio. Tras descartar as posibilidades de que Newton e Kepler estivesen equivocados, aceptouse que a explicación máis axeitada ao misterio consistía en aceptar a existencia dun halo xigatesco de materia escura que outorgaba ás galaxias a masa necesaria para que se comportasen como o facían. A materia visible xa se condensara en forma de galaxias cando a escura seguía moi esparcida. Esa materia escura, que aínda non se pudo detectar de maneira directa, ahora é o elemento dominante nas galaxias coñecidas, pero non sempre foi así. Parece ser que cando o Universo era máis xoven, naquel momento de efervescencia creadora 4000 millons de anos despois do Big Bang, a materia visible aínda era que dominaba as galaxias. 
Unha das explicacións para esa ausencia de materia escura é que a materia visible condensouse rapidamente nos discos planos, que hoxe identificamos cas galaxias, mentres a materia escura continuou moito máis esparcida durante miles de millóns de anos.


domingo, 26 de marzo de 2017

Enerxía escura

A enerxía escura é unha forma de enerxía que estaría presente en todo o espazo, producindo unha presión que tende a acelerar a expansión do Universo, resultando nunha forza gravitacional repulsiva. Considerar a existencia da enerxía escura é a forma máis frecuente de explicar as observacións recientes de que o Universo parece estar en expansión acelerada. No modelo estándar da cosmoloxía, a enerxía escura aporta casi tres cuartas partes da masa de enerxía total do universo. 

A tasa de expansión está parametrizada pola ecuación de estado.A medición da ecuación de estado da enerxía escura é un dos maiores retos da investigación actual cosmolóxica física. Non se debe confundir a enerxía escura coa materia escura, xa que, aínda que ambas forman a maior parte da masa do universo, a materia escura é unha forma de materia, mentres que a enerxía escura asóciase a un campo que ocupa todo o espacio.

Historia
En 1998 as observacións de supernovas tipo 1a moi lexanas suxeriron que a expansión do Universo estábase acelerando. Dende aquel entonces, esta aceleración confirmouse por varias fontes independentes. 
Resultado de imagen de enerxía escuraAs supernovas de tipo 1a proporcionan a prinicpal proba directa da existencia da enerxía escura. Segundo a lei de Hubble, todalas galaxias lexanas se afastan aparentemente da Vía Láctea, mostrando un desprazamento ao vermello no espectro luminoso debido ao efecto Doppler. Neste mesmo ano, varias observacións destas supernovas en galaxias moi lexanas demostraron que a constante de Hubble non é tal, se non que o seu valor varía co tempo. Ata ese momento pensábase que a expansión do universo estábase freando debido a forza gravitatoria; sin embargo, descubreuse que se estaba acelerando, polo que debía existir algún tipo de forza que acelerase o universo.