jueves, 15 de diciembre de 2016

A ficción

As películas e libros de ficción son o que son, ficción. Algunhas persoas creen que eses mundos existen de verdade e pénsano con tanta seguridade que hasta actúan como se estiveran nel. 

Na ciencia ficción fálannos sobre viaxes espaciais a outros universos, universos paralelos, a posibilidade da vida no espacio, a creación dunha nova raza na Terra, seres de outras galaxias que nos veñen "visitar"... Toda esta ficción fai que nos cuestionemos unha cousa: cabe unha posibilidade de que sexa verdade?

A resposta non é tan simple como parece. Moitos dirán que non, e moitos dirán que si. Pero a resposta que máis utilizamos é: non digas parvadas. Por qué? Porque non temos os suficientes coñecementos como para sabelo con certeza, polo que a xente evita opinar sobre este tema, non vaian a pensar que está tolo. Nadie sabe o que hai máis alá, pode que hasta sexamos un Universo dentro doutro ou pode que sexamos un experimento de catro persoas para combrobar sabe qúe cousa... Pero home, non digas parvadas, como vai ser eso posible? Eu a esa pregunta dígoche: Non o sei, pero sabes ti que eso non sexa posible? Por que non pode pasar iso?

A sociedade pensa que o sabe todo, pero en realidade non sabe nada. Hai moitas hipóteses sen resolver, hai outras tantas en proceso de resolución e hai demasiadas sin formular aínda. Pode ser que o motivo polo que Andrómeda se achegue a nós sexa porque ahí habita unha civilización que teña unha tecnoloxía tan avanzada capaz de mover unha galaxia enteira. Pode ser, non se sabe. E ao mellor non se decubre nunca, ou se cadra si, pero descubrirase tan tarde que xa non estaremos aquí para sabelo. Así é a ciencia, cando se descubre algo novo, consideramos que é un gran descubrimento científico si nos afecta á vida, se non se decubreu e parece inverosímil, chamámolo ciencia ficción.


Resultado de imagen de ciencia ficción civilización















No hay comentarios:

Publicar un comentario