lunes, 19 de diciembre de 2016

Marte ten auga?

Parece ser que Marte foi unha planeta que tiña tódalas calidades para albergar vida, pero este botouse a perder. Sábese que estivo cuberto por océanos, grazas ao traballo de robots como Curiosity, da Nasa. Pero algo tivo que suceder para quitarlle a atmosfera e convertilo nun deserto vermello. Que tiña un núcleo de ferro que creaba un campo magnético capaz de desviar a radiación espacial foi algunha das explicacións que se suxiren. 

A semana pasada, a Nasa publicou máis información recollida por Curiosity. Este robot explorou a ladeira do cráter Gale por primeira vez e descubreu boro, un elemento do que pode ser indicio de que en Marte si que existeu auga coas condicións necesarias para albergar vida. 

Resultado de imagen de CRÁTER GALE
No análisis do terreo tamén se mostrou un sistema dinámico, no que distintos elementos mézclanse grazas á auga. A auga influencia a quimica das arxelas, pero a composición da auga tamén cambia, e nesto estamos vendo a complexidade química que apunta a unha longa historia interactiva coa auga. Canto máis complicada é a química, mellor é para a habitabilidade.

Os científicos teñen tanto interese no cráter Gale debido a que nos estratos da súa ladeira está escrita a historia das condicións mediambientais de Marte e os seus cambios. Curiosity descubreu que no pasado marciano existeu un lago que contaba con tódolos ingredientes químicos necesarios para a vida, ademáis da enerxía necesaria para sustentala, e todo eso no seu primeiro ano de traballo. Agora, este robot está escalando o monte Sharp, que está no centro do cráter Gale. Na súa ladeira buscará máis información sobre como cambiaron as condicións climáticas ao longo do tempo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario