lunes, 27 de marzo de 2017

A mateia escura sempre gobernou?

Unha forma fácil de viaxar ao pasado é mirar o ceo a través dun telescopio. Un deses viaxes no tempo realizouno receintemente un grupo internacional de astrónomos do Very Large Telescope, un sistema de catro telesocpios xigantescos que o Observatorio Europeo Austral ten no deserto chileno de Atacama.

A intención deste grupo de científicos era averiguar que sucedía no Universo hai 10000 millóns de anos. As súas observacións mostraron que as cousas cambiaron moito no cosmos dende entonces.
Nos anos setenta, Vera Rubin e Kent Ford, viron que as estrelas nos bordes das galaxias xiraban demasiado rápido. Tendo en conta a masa visible a través dos telescopios e as leis físicas conocidas, ao afastarse do pozo gravitatorio que acelera as espirais galácticas, a velocidade das estrelas debería diminuír, sin embargo, non o facía. E tampouco salían disparadas por falta de atracción e exceso de velocidade. Parecía que unha masa intelixente e invisible, moito maior que a luminosa captada polos telescopios, mantiñáas no seu sitio. Tras descartar as posibilidades de que Newton e Kepler estivesen equivocados, aceptouse que a explicación máis axeitada ao misterio consistía en aceptar a existencia dun halo xigatesco de materia escura que outorgaba ás galaxias a masa necesaria para que se comportasen como o facían. A materia visible xa se condensara en forma de galaxias cando a escura seguía moi esparcida. Esa materia escura, que aínda non se pudo detectar de maneira directa, ahora é o elemento dominante nas galaxias coñecidas, pero non sempre foi así. Parece ser que cando o Universo era máis xoven, naquel momento de efervescencia creadora 4000 millons de anos despois do Big Bang, a materia visible aínda era que dominaba as galaxias. 
Unha das explicacións para esa ausencia de materia escura é que a materia visible condensouse rapidamente nos discos planos, que hoxe identificamos cas galaxias, mentres a materia escura continuou moito máis esparcida durante miles de millóns de anos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario