martes, 28 de marzo de 2017

A anana marrón máis masiva

Identificouse unha anana marrón que, de entre todas aquelas das que se coñece a súa masa, e que posúe a maior. 

As ananas marróns son astros cuxa masa é demasiado pequena para que poidan convertirse en estrelas, pero demasiado grande para que se lles poida considerar planetas.
[Img #42693]
Este astro atópase a uns 750 millóns de anos luz da Terra. Estímase que se formou fai uns 10000 millóns de anos. Polo tanto, é o dobre de vello ca o Sol e ca calquera dos outros planetas do noso Sistema Solar. As medicións tomadas suxiren que posúe unha masa equivalente a 90 veces a de Xúpiter, o que a convirte na anana marrón máis masiva ata a data. 
Non se sabía con anterioridade se as ananas marróns podían formarse a partir de hidróxeno e helio, e o descubrimento suxire que pode existir unha poboación, máis grande do que se pensa, de ananas marróns arcaicas e extremadamente puras, case todas elas aínda non descubertas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario