miércoles, 19 de octubre de 2016

A cultura científica nos medios

A día de hoxe, a sociedade fai moito caso aos medios, como Internet, televisión, radio... polo tanto, se hai pouca cultura nos medios, tamén haberá pouca cultura na sociedade. 

A cultura practicamente desapareceu dos grandes medios. A televisión fixo un efecto negativo na sociedade respecto a ciencia. Nós asociábamos ós programas de ciencia, a largas charlas aburridas que só servían para axudarche a dormir. Pero, pouco a pouco, poideron conseguir que ese pensamento fora cambiando. Algúns programas atrevéronse a facer experimentos(uns en serio, e outros en clave de humor); outros programas lanzando unha mirada transversal sobre temas científicos e outros usando a ciencia como excusa para facer un late night desenfadado.

Nos últimos dez anos conseguiron algo increíble: adaptar contenidos culturais a formatos televisivos de entretenemento e disvinculalos dos formatos clásicos de divulgación. Estase intentando chegar a todos os públicos, que é o importante nun medio de comunicación "de masas". 

En definitiva, só son pequenos pasos hacia a demostración de que a cultura forma parte da vida humana. Xa vai sendo hora de que lle demos máis importancia á cultura e á ciencia e deixemos un pouco de lado os programas de entretenemento fácil ou o fútbol. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario