miércoles, 12 de octubre de 2016

Intento de aterrizaxe en Marte en busca de vida

O vindeiro 19 de outubro, enviarase un módulo de aterrizaxe, chamado Schiaparelli, a Marte. Para levar a cabo este propósito, asociáronse as axencias espaciais Roscosmos e ESA.

Arredor do ano 2008, que foi cando comezou a planificarse esta misión,chamada ExoMars, non estaban asociadas as dúas axencias, senón que estaban asociadas a ESA e a NASA. Pero no ano 2012 os estadounidenses retiráronse e incorporáronse os rusos no seu lugar. Cos rusos levouse a cabo toda a planificación, que desembocou o primeiro lanzamento en marzo deste ano dende Kazaxistán. Está previsto outro lanzamento no 2018, pero para entonces, a misión xa recorrería un largo camiño e alcanzaría algúns dos seus obxectivos.

Un destes obxectivos será o aterrizaxe do módulo Schiaparelli. Este equipo separarase da outra parte vital da sonda, o módulo orbital, o 16 de outubro, para entrar na atmosfera nun descenso duns seis minutos tres días despois, o 19, ao mismo tempo que a outra parte comeza a orbitar arredor do planeta. Dende a Terra o equipo de control pondrá a proba a tecnoloxía necesaria para levar a cabo o aterrizaxe de forma controlada e segura. Se o viaxe resulta tal e como se espera, ubicaranse unha serie de instrumentos científicos para rexistrar a velocidade do vento, a humidade, a presión e a temperatura, e por primeira vez, a intensidade dos campos electromagnéticos, información que nos axudará a saber como se forman as intensas tormentas de area en Marte.

Aterrizar esta sonda en Marte non ha ser tarea fácil. O primeiro é realizar un lanzamento correcto dentro dunha ventana de 26 meses, o período no que a Terra e Marte están relativamente cerca mentres orbitan. Se o lanzamento resulta exitoso, o viaxe ata alcanzar o planeta roxo durará seis meses, e unha vez alí, comeza a fase de entrada na atmosfera. Nela a velocidade e o ángulo de entrada son fundamentais. Todos os comandos e instruccións están grabados previamente na nave, xa que non hai tempo para envialos no momento.
Os científicos non saben en que estado se encontrará a sonda cando por fin toque o chan.


O módulo orbital ten outro propósito diferente: facer un inventario detallado da composición gasosa da atmosfera marciana, poñendo especial atención no gas coñecido como metano. Un dos seus principais obxectivos é determinar se a orixe do metano é biolóxica ou xeolóxica. O que os científicos queren saber é se este gas se formou de xeito biolóxico para determinar se pode haber vida en Marte. Os científicos xa sabían que existía este gas en Marte, pero pensaban que os seus niveles eran baixos, pero parece ser que son bastante altos. 

O metano marciano pode vir de procesos biolóxicos, o que di que ou hai seres vivos dalgún tipo en Marte, ou que os houbo no pasado e quedaron depósitos de gas baixo a superficie. Pero esto tamén pode estar causado por procesos xeolóxicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario