martes, 4 de octubre de 2016

Viaxes interestelares abordo dun chip

O pasado agosto, foi descuberto un novo planeta habitable orbitando arredor de Próxima Centauri, unha estrela enana que non é visible a simple vista dende a Terra pero que é a máis cercana ao Sistema Solar. 

As primeiras medicións do empuxe gravitatorio do novo planeta, chamado Próxima b, mostraron que se trata dun planeta cunha masa similar á Terra e que orbita nunha zona potencialmente habitable. Ata agora, o planeta máis parecido á Terra era Kepler-452b, que se atopaba a 1400 anos luz da Terra, en cambio, o novo planeta, está a 4´5 anos luz da Terra.

Pete Worden, director do centro Ames da NASA, cree que se pode chegar ata alí e estudar se hai vida, e xa está traballando na primeira misión espacial hacia Próxima B. Segundo os seus plans, a primeira nave que consigan enviar, será un chip do tamaño dunha uña, o suficiente para poder tomar medidas do entorno da estrela e o seu planeta e envialas de volta á Terra.

(Recreación da superficie de Próxima b)
O problema é que nin sequera o noso astro máis cercano está ao alcance da tecnoloxía actual. Para alcanzar Próxima B con un cohete convencional, faría falta tanto combustible como masa ten a nosa galaxia. A alternativa que se encontra é montar o chip nunha vela espacial cuadrada e o combustible sería luz proxectada dende a Terra desde un campo base cheo de fontes de luz láser.

O que Worden quere averiguar non é se estamos sós no universo, é saber se podemos ir alí onde hai vida intelixente. O seu equipo saberá nuns cinco anos se se poden construír os novos materiais necesarios para a vela, o chip e a rede de emisións de láser, o prototipo da nave tardaría en realizarse, apróximadamente, uns 15 anos e a misión realizaríase dentro duns 30 anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario