Para conseguir un modelo fiable da idade de Xúpiter, os investigadores mediron as concentracions de isótopos de molibdeno e tungsteno en meteoritos ferrosos. Estos formaronse en dous distintos momentos na nube de polvo e gas da que surxiu o Sistema Solar e, según eles, son como dúas reservas xenéticas diferentes. A explicación máIs plausible para esta separación é que Xúpiter se formara entre ambos. Incluso antes de que o Sol "queimara" hidróxeno e comezara a brillar.
domingo, 18 de junio de 2017
Xúpiter é máis vello que o Sol
Para conseguir un modelo fiable da idade de Xúpiter, os investigadores mediron as concentracions de isótopos de molibdeno e tungsteno en meteoritos ferrosos. Estos formaronse en dous distintos momentos na nube de polvo e gas da que surxiu o Sistema Solar e, según eles, son como dúas reservas xenéticas diferentes. A explicación máIs plausible para esta separación é que Xúpiter se formara entre ambos. Incluso antes de que o Sol "queimara" hidróxeno e comezara a brillar.
A irmá desaparecida do Sol
Despois de observar a gran nube molecular da constelación de Perseo, diseñaron un modelo matemático según o cal, o patrón de aparición de estrelas en Perseo só pode ser explicado s todas as estrelas do tipo solar formanse sempre en parellas.
De acordo con eso, o Sol tivo unha pequena compañeira que foi a causante do impacto de asteroides e cometas contra a Terra. Este corpo, desestabilizou no pasado a nube de Oort, e provocou a entrada de alguns dos seus corpos na parte interna do Sistema Solar. Sin embargo, esto é só unha hipótesis, e non conta con consenso entre a comunidade científica.
martes, 28 de marzo de 2017
A anana marrón máis masiva
Identificouse unha anana marrón que, de entre todas aquelas das que se coñece a súa masa, e que posúe a maior.
As ananas marróns son astros cuxa masa é demasiado pequena para que poidan convertirse en estrelas, pero demasiado grande para que se lles poida considerar planetas.
Este astro atópase a uns 750 millóns de anos luz da Terra. Estímase que se formou fai uns 10000 millóns de anos. Polo tanto, é o dobre de vello ca o Sol e ca calquera dos outros planetas do noso Sistema Solar. As medicións tomadas suxiren que posúe unha masa equivalente a 90 veces a de Xúpiter, o que a convirte na anana marrón máis masiva ata a data.
Non se sabía con anterioridade se as ananas marróns podían formarse a partir de hidróxeno e helio, e o descubrimento suxire que pode existir unha poboación, máis grande do que se pensa, de ananas marróns arcaicas e extremadamente puras, case todas elas aínda non descubertas.
As ananas marróns son astros cuxa masa é demasiado pequena para que poidan convertirse en estrelas, pero demasiado grande para que se lles poida considerar planetas.
Este astro atópase a uns 750 millóns de anos luz da Terra. Estímase que se formou fai uns 10000 millóns de anos. Polo tanto, é o dobre de vello ca o Sol e ca calquera dos outros planetas do noso Sistema Solar. As medicións tomadas suxiren que posúe unha masa equivalente a 90 veces a de Xúpiter, o que a convirte na anana marrón máis masiva ata a data.
Non se sabía con anterioridade se as ananas marróns podían formarse a partir de hidróxeno e helio, e o descubrimento suxire que pode existir unha poboación, máis grande do que se pensa, de ananas marróns arcaicas e extremadamente puras, case todas elas aínda non descubertas.
lunes, 27 de marzo de 2017
Vixiante da capa de ozono
A NASA instalará este ano un sensor de ozono para axudar a vixiar o cambio a longo prazo na capa de ozono.
A orbita da estación espacial fai da estación un punto de vista único para recopilar valiosos datos sobre a saúde e estado do noso planeta.
SAGE III tamén medirá o ozono en múltiples niveis da atmosfera, chegando ata a parte superior da troposfera e estratosfera.
Este mesmo ano instalarase na estación outro instrumento, chamado LIS, que capturará datos de relámpagos totales en tempo real en gran parte do globo para apoiar a previsión do tempo e das alertas.
Espérase que para 2019 tres isntrumentos máis estean operando na estación: o GEDI, o ECOSTRESS e o OCO-3. GEDI revolucionará o seguimento dos bosques tropicales, disparando raios láser sobre as copas das árbores para tomar medidas a escala fina da súa altura e estructura interna. ECOSTRESS estudiará o uso da auga e o estrés hídirco na vexetación. E OCO-3 recopilará medicións espaciais do dióxido de carbono atmosférico para axudar a evaluar a súa distribución e variabilidade.
A mateia escura sempre gobernou?
Unha forma fácil de viaxar ao pasado é mirar o ceo a través dun telescopio. Un deses viaxes no tempo realizouno receintemente un grupo internacional de astrónomos do Very Large Telescope, un sistema de catro telesocpios xigantescos que o Observatorio Europeo Austral ten no deserto chileno de Atacama.
Nos anos setenta, Vera Rubin e Kent Ford, viron que as estrelas nos bordes das galaxias xiraban demasiado rápido. Tendo en conta a masa visible a través dos telescopios e as leis físicas conocidas, ao afastarse do pozo gravitatorio que acelera as espirais galácticas, a velocidade das estrelas debería diminuír, sin embargo, non o facía. E tampouco salían disparadas por falta de atracción e exceso de velocidade. Parecía que unha masa intelixente e invisible, moito maior que a luminosa captada polos telescopios, mantiñáas no seu sitio. Tras descartar as posibilidades de que Newton e Kepler estivesen equivocados, aceptouse que a explicación máis axeitada ao misterio consistía en aceptar a existencia dun halo xigatesco de materia escura que outorgaba ás galaxias a masa necesaria para que se comportasen como o facían. A materia visible xa se condensara en forma de galaxias cando a escura seguía moi esparcida. Esa materia escura, que aínda non se pudo detectar de maneira directa, ahora é o elemento dominante nas galaxias coñecidas, pero non sempre foi así. Parece ser que cando o Universo era máis xoven, naquel momento de efervescencia creadora 4000 millons de anos despois do Big Bang, a materia visible aínda era que dominaba as galaxias.
Unha das explicacións para esa ausencia de materia escura é que a materia visible condensouse rapidamente nos discos planos, que hoxe identificamos cas galaxias, mentres a materia escura continuou moito máis esparcida durante miles de millóns de anos.
domingo, 26 de marzo de 2017
Enerxía escura
A enerxía escura é unha forma de enerxía que estaría presente en todo o espazo, producindo unha presión que tende a acelerar a expansión do Universo, resultando nunha forza gravitacional repulsiva. Considerar a existencia da enerxía escura é a forma máis frecuente de explicar as observacións recientes de que o Universo parece estar en expansión acelerada. No modelo estándar da cosmoloxía, a enerxía escura aporta casi tres cuartas partes da masa de enerxía total do universo.
A tasa de expansión está parametrizada pola ecuación de estado.A medición da ecuación de estado da enerxía escura é un dos maiores retos da investigación actual cosmolóxica física. Non se debe confundir a enerxía escura coa materia escura, xa que, aínda que ambas forman a maior parte da masa do universo, a materia escura é unha forma de materia, mentres que a enerxía escura asóciase a un campo que ocupa todo o espacio.
Historia
En 1998 as observacións de supernovas tipo 1a moi lexanas suxeriron que a expansión do Universo estábase acelerando. Dende aquel entonces, esta aceleración confirmouse por varias fontes independentes.
As supernovas de tipo 1a proporcionan a prinicpal proba directa da existencia da enerxía escura. Segundo a lei de Hubble, todalas galaxias lexanas se afastan aparentemente da Vía Láctea, mostrando un desprazamento ao vermello no espectro luminoso debido ao efecto Doppler. Neste mesmo ano, varias observacións destas supernovas en galaxias moi lexanas demostraron que a constante de Hubble non é tal, se non que o seu valor varía co tempo. Ata ese momento pensábase que a expansión do universo estábase freando debido a forza gravitatoria; sin embargo, descubreuse que se estaba acelerando, polo que debía existir algún tipo de forza que acelerase o universo.
Historia
En 1998 as observacións de supernovas tipo 1a moi lexanas suxeriron que a expansión do Universo estábase acelerando. Dende aquel entonces, esta aceleración confirmouse por varias fontes independentes.
martes, 7 de febrero de 2017
Big Crunch
Este tema é bastante polémico. Todo o mundo se pregunta que pasará co Universo. Explotará, nunca morrerá... A teoría máis apoiada é a do Brig Crunch ou Gran Colapso.
O momento no cal acabaría por pararse a expansión do Universo e empezaría a contracción dependendo da densidade crítica do Universo: a maior densidade, maior rápidez de frenado; a menor densidade, máis tempo para que se desarrollaran eventos. Se a densidade é o suficientemente baixa, prévese que tendrá lugar un universo de expansión perpetua.
A evidencia experimental recente levounos a especular que a expansión do Universo non se está freando debido á gravedade, senón que se está acelerando. Sin embargo, debido á natureza da enerxía escura, que é postulada como a fonte de aceleración, que é desconocida, todavía é posible, aínda que non respaldada, que o universo finalmente revirta a marcha e cause un colapso.
Esta fase de contracción seguirá en proceso, e con ela o aumento da temperatura da radiación e materia. Chegaría o momento no que todas as galaxias fundíranse nunha, aínda que os choques entre estrelas seguirían sendo raros. Mentras, a temperatura do fondo de radiación iría subindo e empezaría a por en peligro a supervivencia das formas de vida que existiran por entonces, principalmente as que existiran en planetas de tipo terrestre. Nun momento dado, a temperatura sería tan elevada que impediría que os planetas se desfixeran da calor acumulada e acabarían por facerse inavitables. Máis adiante, e cunha contracción cada vez máis acelerada, o universo convertirase nun lugar infernal e inhabitable con temperaturas de miles de graos debido a unha radiación cósmica a esa temperatura e a colisións entre estrelas ao dispoñer estas de cada vez menos espacio.
Do mesmo modo que non ten sentido preguntarse que había antes da Gran Explosión, ou Big Bang, tampouco ten sentido preguntarse que haberá despois do Gran Cruxido, ou Big Crunch. Pero eso non quere decir que si se formulen posibles hipóteses. A teoría do Big Crunch tamén di que o Universo pode ser oscilante, é dicir, que despois da Gran Implosión podería ter lugar unha nova Gran Explosión, e incluso este universo podería proceder dun universo anterior que tamén se comprimeu na súa Gran Implosión. Sin embargo, non só se coñece que podería provocar tal rebote, sinon que a teoría dun universo oscilante entra en contradicción ca segunda lei da termodinámica, que expresa que a cantidade de entropía do Universo tende a incrementarse co tempo; a menos que en cada ciclo se produxera unha destrucción e reinicio totales do universo, coa desaparición das leis físicas, e a entropía "rebobinárase" durante a fase de contracción(por exemplo, suxeriuse que o tempo iría ao revés durante esta fase), non só a cantidade de buracos negros iría aumentando en cada ciclo, sinon que a radiación existente no universo aumentaría a costa da materia, co resultado de que os "rebotes" serían cada vez máis largos ata chegar a un escenario non demasiado diferente á expansión indefinida.
Ademáis, o recente descubrimento da enerxía escura provocou que moitos cosmólogos abandonásen a teoría deste universo oscilante e xunto con outros descubrimentos, tamén a de que o Universo sexa pechado, aínda que ao non coñecerse ben a natureza da enerxía escura aínda non pode descartarse por completo un colapso futuro.
lunes, 19 de diciembre de 2016
Marte ten auga?
Parece ser que Marte foi unha planeta que tiña tódalas
calidades para albergar vida, pero este botouse a perder. Sábese que estivo
cuberto por océanos, grazas ao traballo de robots como Curiosity, da Nasa. Pero
algo tivo que suceder para quitarlle a atmosfera e convertilo nun deserto
vermello. Que tiña un núcleo de ferro que creaba un campo magnético capaz de
desviar a radiación espacial foi algunha das explicacións que se suxiren.
A semana pasada, a Nasa publicou máis información recollida
por Curiosity. Este robot explorou a ladeira do cráter Gale por primeira vez e
descubreu boro, un elemento do que pode ser indicio de que en Marte si que
existeu auga coas condicións necesarias para albergar vida.
No análisis do terreo tamén se mostrou un sistema dinámico,
no que distintos elementos mézclanse grazas á auga. A auga influencia a quimica
das arxelas, pero a composición da auga tamén cambia, e nesto estamos vendo a
complexidade química que apunta a unha longa historia interactiva coa auga.
Canto máis complicada é a química, mellor é para a habitabilidade.
Os científicos teñen tanto interese no cráter Gale debido a que nos estratos da súa ladeira está escrita a historia das condicións mediambientais de Marte e os seus cambios. Curiosity descubreu que no pasado marciano existeu un lago que contaba con tódolos ingredientes químicos necesarios para a vida, ademáis da enerxía necesaria para sustentala, e todo eso no seu primeiro ano de traballo. Agora, este robot está escalando o monte Sharp, que está no centro do cráter Gale. Na súa ladeira buscará máis información sobre como cambiaron as condicións climáticas ao longo do tempo.
jueves, 15 de diciembre de 2016
A ficción
As películas e libros de ficción son o que son, ficción. Algunhas persoas creen que eses mundos existen de verdade e pénsano con tanta seguridade que hasta actúan como se estiveran nel.
Na ciencia ficción fálannos sobre viaxes espaciais a outros universos, universos paralelos, a posibilidade da vida no espacio, a creación dunha nova raza na Terra, seres de outras galaxias que nos veñen "visitar"... Toda esta ficción fai que nos cuestionemos unha cousa: cabe unha posibilidade de que sexa verdade?
A resposta non é tan simple como parece. Moitos dirán que non, e moitos dirán que si. Pero a resposta que máis utilizamos é: non digas parvadas. Por qué? Porque non temos os suficientes coñecementos como para sabelo con certeza, polo que a xente evita opinar sobre este tema, non vaian a pensar que está tolo. Nadie sabe o que hai máis alá, pode que hasta sexamos un Universo dentro doutro ou pode que sexamos un experimento de catro persoas para combrobar sabe qúe cousa... Pero home, non digas parvadas, como vai ser eso posible? Eu a esa pregunta dígoche: Non o sei, pero sabes ti que eso non sexa posible? Por que non pode pasar iso?
A sociedade pensa que o sabe todo, pero en realidade non sabe nada. Hai moitas hipóteses sen resolver, hai outras tantas en proceso de resolución e hai demasiadas sin formular aínda. Pode ser que o motivo polo que Andrómeda se achegue a nós sexa porque ahí habita unha civilización que teña unha tecnoloxía tan avanzada capaz de mover unha galaxia enteira. Pode ser, non se sabe. E ao mellor non se decubre nunca, ou se cadra si, pero descubrirase tan tarde que xa non estaremos aquí para sabelo. Así é a ciencia, cando se descubre algo novo, consideramos que é un gran descubrimento científico si nos afecta á vida, se non se decubreu e parece inverosímil, chamámolo ciencia ficción.
A anorexia
Esta presentación foi feita para o traballo de avaliación de Cultura Científica. Nel falamos da anorexia, as súas causas, consecuencias, os tipos de anorexia e os seus comezos. Nela tamén engadimos unha declaración dunha persoa que sufriu esta enfermidade. Se queredes saber máis sobre este tema, só tendes que vela.
martes, 8 de noviembre de 2016
Schiaparelli estréllase en Marte
O módulo de aterrizaxe Schiaparelli, estrellouse en Marte o
mércores, segundo confirmou o responsable da nave, membro da ESA.
O científico do proxecto ExoMars, recoñeceu que a nave
fallou un minuto antes de aterrizar e perdeuse o contacto con ela, caeu sen
paracaídas e cos cohetes apagados dende unha altura duns 2000 metros. As causas
do accidente aínda non están claras, pero na rolda de prensa que fixeron ao día
seguinte confirmaron que o sabrán. A sonda completou o descenso sen problemas
casi ata o final e deulle tempo a enviar información á nave nodriza, que ahora
estáse analizando. Os técnicos teñen confianza en poder averiguar o que
ocorreu durante os últimos segundos da maniobra, xa que a información recollida
contén datos sobre a temperatura e presión sufridas polo escudo térmico durante
a reentrada, aceleracións, despliegue do paracaídas e hasta a confirmación de
encendido dos retrocohetes. Todo estaba funcionando ben ata o final do frenado.
Os datos indican que o radar altimétrico activouse e os motores de frenado
encendéronse durante uns 15 segundos, cando os segundos programados eran 30.
Tamén se di que a caída con paracaídas prodúxose a máis velocidade da esperada.
O chan, por decilo dalgunha maneira, acercouse demasiado rápido e os
retrocohetes non tiveron tempo de reducir a velocidade a valores máis seguros.
Se eso foi o que ocorreu, Schiaparelli é agora un montón de chatarra en
Meridiani Planum. Pero esto nadie o sabe con seguridade, de feito, a ESA
continúa intentando escoitar señais da sonda, retransmitidas pola súa nave
nodriza ou por algún dos outros vehículos que están arredor de Marte. Según
algúns tamén pode ser pola atmosfera de Marte, pero todas estas hipóteses, son
o que son, só hipóteses.
Con esta, xa van dúas veces que os europeos non consiguen aterrizar en Marte. Antes desto, só o conseguiran os estadounidenses. Pero, pese á decepción, Schiaparelli cumpreu parte da súa misión, que era proporcionar datos sobre o proceso de reentarda que sirvan para preparar o envío dun laboratorio rodante a Marte en 2020.
miércoles, 19 de octubre de 2016
A cultura científica nos medios
A día de hoxe, a sociedade fai moito caso aos medios, como Internet, televisión, radio... polo tanto, se hai pouca cultura nos medios, tamén haberá pouca cultura na sociedade.
A cultura practicamente desapareceu dos grandes medios. A televisión fixo un efecto negativo na sociedade respecto a ciencia. Nós asociábamos ós programas de ciencia, a largas charlas aburridas que só servían para axudarche a dormir. Pero, pouco a pouco, poideron conseguir que ese pensamento fora cambiando. Algúns programas atrevéronse a facer experimentos(uns en serio, e outros en clave de humor); outros programas lanzando unha mirada transversal sobre temas científicos e outros usando a ciencia como excusa para facer un late night desenfadado.
Nos últimos dez anos conseguiron algo increíble: adaptar contenidos culturais a formatos televisivos de entretenemento e disvinculalos dos formatos clásicos de divulgación. Estase intentando chegar a todos os públicos, que é o importante nun medio de comunicación "de masas".
En definitiva, só son pequenos pasos hacia a demostración de que a cultura forma parte da vida humana. Xa vai sendo hora de que lle demos máis importancia á cultura e á ciencia e deixemos un pouco de lado os programas de entretenemento fácil ou o fútbol.
A cultura practicamente desapareceu dos grandes medios. A televisión fixo un efecto negativo na sociedade respecto a ciencia. Nós asociábamos ós programas de ciencia, a largas charlas aburridas que só servían para axudarche a dormir. Pero, pouco a pouco, poideron conseguir que ese pensamento fora cambiando. Algúns programas atrevéronse a facer experimentos(uns en serio, e outros en clave de humor); outros programas lanzando unha mirada transversal sobre temas científicos e outros usando a ciencia como excusa para facer un late night desenfadado.
Nos últimos dez anos conseguiron algo increíble: adaptar contenidos culturais a formatos televisivos de entretenemento e disvinculalos dos formatos clásicos de divulgación. Estase intentando chegar a todos os públicos, que é o importante nun medio de comunicación "de masas".
En definitiva, só son pequenos pasos hacia a demostración de que a cultura forma parte da vida humana. Xa vai sendo hora de que lle demos máis importancia á cultura e á ciencia e deixemos un pouco de lado os programas de entretenemento fácil ou o fútbol.
miércoles, 12 de octubre de 2016
Intento de aterrizaxe en Marte en busca de vida
O vindeiro 19 de outubro, enviarase un módulo de aterrizaxe, chamado Schiaparelli, a Marte. Para levar a cabo este propósito, asociáronse as axencias espaciais Roscosmos e ESA.
Arredor do ano 2008, que foi cando comezou a planificarse esta misión,chamada ExoMars, non estaban asociadas as dúas axencias, senón que estaban asociadas a ESA e a NASA. Pero no ano 2012 os estadounidenses retiráronse e incorporáronse os rusos no seu lugar. Cos rusos levouse a cabo toda a planificación, que desembocou o primeiro lanzamento en marzo deste ano dende Kazaxistán. Está previsto outro lanzamento no 2018, pero para entonces, a misión xa recorrería un largo camiño e alcanzaría algúns dos seus obxectivos.
Un destes obxectivos será o aterrizaxe do módulo Schiaparelli. Este equipo separarase da outra parte vital da sonda, o módulo orbital, o 16 de outubro, para entrar na atmosfera nun descenso duns seis minutos tres días despois, o 19, ao mismo tempo que a outra parte comeza a orbitar arredor do planeta. Dende a Terra o equipo de control pondrá a proba a tecnoloxía necesaria para levar a cabo o aterrizaxe de forma controlada e segura. Se o viaxe resulta tal e como se espera, ubicaranse unha serie de instrumentos científicos para rexistrar a velocidade do vento, a humidade, a presión e a temperatura, e por primeira vez, a intensidade dos campos electromagnéticos, información que nos axudará a saber como se forman as intensas tormentas de area en Marte.
Aterrizar esta sonda en Marte non ha ser tarea fácil. O primeiro é realizar un lanzamento correcto dentro dunha ventana de 26 meses, o período no que a Terra e Marte están relativamente cerca mentres orbitan. Se o lanzamento resulta exitoso, o viaxe ata alcanzar o planeta roxo durará seis meses, e unha vez alí, comeza a fase de entrada na atmosfera. Nela a velocidade e o ángulo de entrada son fundamentais. Todos os comandos e instruccións están grabados previamente na nave, xa que non hai tempo para envialos no momento.
Os científicos non saben en que estado se encontrará a sonda cando por fin toque o chan.
O módulo orbital ten outro propósito diferente: facer un inventario detallado da composición gasosa da atmosfera marciana, poñendo especial atención no gas coñecido como metano. Un dos seus principais obxectivos é determinar se a orixe do metano é biolóxica ou xeolóxica. O que os científicos queren saber é se este gas se formou de xeito biolóxico para determinar se pode haber vida en Marte. Os científicos xa sabían que existía este gas en Marte, pero pensaban que os seus niveles eran baixos, pero parece ser que son bastante altos.
O metano marciano pode vir de procesos biolóxicos, o que di que ou hai seres vivos dalgún tipo en Marte, ou que os houbo no pasado e quedaron depósitos de gas baixo a superficie. Pero esto tamén pode estar causado por procesos xeolóxicos.
Arredor do ano 2008, que foi cando comezou a planificarse esta misión,chamada ExoMars, non estaban asociadas as dúas axencias, senón que estaban asociadas a ESA e a NASA. Pero no ano 2012 os estadounidenses retiráronse e incorporáronse os rusos no seu lugar. Cos rusos levouse a cabo toda a planificación, que desembocou o primeiro lanzamento en marzo deste ano dende Kazaxistán. Está previsto outro lanzamento no 2018, pero para entonces, a misión xa recorrería un largo camiño e alcanzaría algúns dos seus obxectivos.
Un destes obxectivos será o aterrizaxe do módulo Schiaparelli. Este equipo separarase da outra parte vital da sonda, o módulo orbital, o 16 de outubro, para entrar na atmosfera nun descenso duns seis minutos tres días despois, o 19, ao mismo tempo que a outra parte comeza a orbitar arredor do planeta. Dende a Terra o equipo de control pondrá a proba a tecnoloxía necesaria para levar a cabo o aterrizaxe de forma controlada e segura. Se o viaxe resulta tal e como se espera, ubicaranse unha serie de instrumentos científicos para rexistrar a velocidade do vento, a humidade, a presión e a temperatura, e por primeira vez, a intensidade dos campos electromagnéticos, información que nos axudará a saber como se forman as intensas tormentas de area en Marte.Aterrizar esta sonda en Marte non ha ser tarea fácil. O primeiro é realizar un lanzamento correcto dentro dunha ventana de 26 meses, o período no que a Terra e Marte están relativamente cerca mentres orbitan. Se o lanzamento resulta exitoso, o viaxe ata alcanzar o planeta roxo durará seis meses, e unha vez alí, comeza a fase de entrada na atmosfera. Nela a velocidade e o ángulo de entrada son fundamentais. Todos os comandos e instruccións están grabados previamente na nave, xa que non hai tempo para envialos no momento.
Os científicos non saben en que estado se encontrará a sonda cando por fin toque o chan.
O módulo orbital ten outro propósito diferente: facer un inventario detallado da composición gasosa da atmosfera marciana, poñendo especial atención no gas coñecido como metano. Un dos seus principais obxectivos é determinar se a orixe do metano é biolóxica ou xeolóxica. O que os científicos queren saber é se este gas se formou de xeito biolóxico para determinar se pode haber vida en Marte. Os científicos xa sabían que existía este gas en Marte, pero pensaban que os seus niveles eran baixos, pero parece ser que son bastante altos. O metano marciano pode vir de procesos biolóxicos, o que di que ou hai seres vivos dalgún tipo en Marte, ou que os houbo no pasado e quedaron depósitos de gas baixo a superficie. Pero esto tamén pode estar causado por procesos xeolóxicos.
martes, 4 de octubre de 2016
Viaxes interestelares abordo dun chip
O pasado agosto, foi descuberto un novo planeta habitable orbitando arredor de Próxima Centauri, unha estrela enana que non é visible a simple vista dende a Terra pero que é a máis cercana ao Sistema Solar.
As primeiras medicións do empuxe gravitatorio do novo planeta, chamado Próxima b, mostraron que se trata dun planeta cunha masa similar á Terra e que orbita nunha zona potencialmente habitable. Ata agora, o planeta máis parecido á Terra era Kepler-452b, que se atopaba a 1400 anos luz da Terra, en cambio, o novo planeta, está a 4´5 anos luz da Terra.
Pete Worden, director do centro Ames da NASA, cree que se pode chegar ata alí e estudar se hai vida, e xa está traballando na primeira misión espacial hacia Próxima B. Segundo os seus plans, a primeira nave que consigan enviar, será un chip do tamaño dunha uña, o suficiente para poder tomar medidas do entorno da estrela e o seu planeta e envialas de volta á Terra.
![]() |
| (Recreación da superficie de Próxima b) |
O problema é que nin sequera o noso astro máis cercano está ao alcance da tecnoloxía actual. Para alcanzar Próxima B con un cohete convencional, faría falta tanto combustible como masa ten a nosa galaxia. A alternativa que se encontra é montar o chip nunha vela espacial cuadrada e o combustible sería luz proxectada dende a Terra desde un campo base cheo de fontes de luz láser.
O que Worden quere averiguar non é se estamos sós no universo, é saber se podemos ir alí onde hai vida intelixente. O seu equipo saberá nuns cinco anos se se poden construír os novos materiais necesarios para a vela, o chip e a rede de emisións de láser, o prototipo da nave tardaría en realizarse, apróximadamente, uns 15 anos e a misión realizaríase dentro duns 30 anos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



